Coñecedes a história do rapaz e o reloxo? Sucedeu que o avó dun rapaz morreu e ao ler o testamento, descubriu que lle deixara en herdanza un reloxo. Era un deses reloxos de peto cunha cadea, coma dun condutor de tren de outra época. Xa tivera mellores días. O rapaz andaba algo desilusionado, amolado. Que ía facer cunha trangallada así? Non estaba de moda. Os amigos mofaríanse del por levalo. Decidiu deixalo no rocho no caixon dun escritorio e esquecelo para sempre. Logo, sen saberen que o reloxo estaba no caixón, o pai do rapaz vendeu o escritorio e o reloxo acabou perdido. Ao pasaren uns anos o rapaz arrepentiuse de tirar aquel reloxo cando un día viu nas redes outro do mesmo estilo que lle herdou do avó. Decatouse de que aquel reloxo era unha peza única moi valiosa, un tesouro herdado do avó. O rapaz sentiu dó por non apreciar a herdanza e non recoñecer a súa fortuna até que foi demasiado tarde. Non sexas como este rapaz. Fala galego! É a tua herdanza!
Eu creo que co galego está a pasar o mesmo: que non mola, que é cousa de vellos, etc. Non sei se pasará o mesmo que co córnico que terá que morrer para que renaza dende cero