As lumachas

Da gusto traballar na horta.  Hai unha gran sensación de satisfacción ao cultivar os teus propios prudutos na horta.  Traballar traballo para preparar o solo das bancais, cultivar as plantas dende sementes, plantar, regar,botar abono, revisar e quitar herba. Ao final todo o esforzo paga a pena.  Desfrutamos do recolleito durante todo o veran sen moitas preocupacións.

Abofé, hai as pragas.  Entre o elenco de villanos hai os esquíos, os toupos, as eirugas, os escaravellos; os xaponeses e os da pataca, e máis as lumachas.  Este ano imos mal de lumachas.  Pois temos moitas leitugas así de verdade non hai sorpresa ver unha que outra lumacha entre as filas. Pero teño visto diariamente as lumachas de maior tamaño que xamais vira na vida. Son enormes como o dedo maimiño.  Non son de ter noxo por mor dos bechos, pero eses caracois sen cuncha son grimosos.

O noso enemigo ten o nome Arion subfuscus,(o latín lle da un toque de nobreza a un becho tan humilde), que por certo é curmán dos Arion flagellus, lumacha autóctona de España,(pero penso que debe ser Baboseae cayetanus). 

Segundo Wikipedia é un “animal alongado, corpo e escudo marrón escuro, amarelo, laranxa ou castiñeiro, cunha banda negra a cada lado; pé esbrancuxado bordeado en gris claro con linóleo negro; moco amarelo máis ou menos brillante. O seu moco serviu de inspiración para unha cola extremadamente forte que é biocompatible cos tecidos húmidos e secos.”  -(Becho grimoso).

Non son moi amigo das lumachas. Quedo algo traumitizado por dous motivos; un por ver unha horrorosa película de terror, e outro por ler un artigo científico.  A peli vin xa hai moitos anos.  Non lembro exactamente cando foi.  Saiu nos cines en 1988, pero a vin na tele nun programa deses no que dan pelis cutres, de pouco presuposto que nunca tiveron moito éxito nos cines. A peli chámase Slugs, ou en castelán, Slugs, Muerte viscosa,  do guionista JP Simón.  O trama é algo típico dese xénero de pelis de animais mutantes.  Por culpa de mala xestión de residuos nucleares, crianse lumachas mutantes sanguinarias no pantano dunha vila. Saen as lumachas, matando a dentados á poboación. Hai varias escenas de lumachas saíndo dos desaugadoiros, comendolles as caras da xente da vila.  Morren adolescentes namorados. O héroe ten a solución pero o alcalde non lle quere escoitar por temor da mala publicidade. Non quero facer spoiler e revelar o final, pero xa o podes imaxinar.  Unha escena que marcoume a memoria é cando un amigo do héroe come unha ensalada, sen saber que hai dentro da leituga unha lumacha.  Máis tarde o pobre acaba con lumachas estoupando por cada oroficio. Total é unha clásica de horror cutre. É tan mala que é boa.

Máis recentamente lin un artigo, tampouco lembro exactamente onde, pero sucediu que un rapaz australiano, xogador de rugby, de 19 anos, estaba bébido e nun desafío dos colegas comeu unha lumacha.  As lumachas teñen unha dieta omnivora que inclúa materia vexetal e desperdicios. No caso da lumacha que comeu o rapaz, incluía os excrementos de ratas que a súa vez contiña un verme de pulmón de rata.  O pobre rapaz acabou cunha infección cerebral,  meningoencefalítis eosinofílica que lle deixou tetrapléxico.  Vaia traxedia de verdade que parece un elemento ficticioso dun cutre película de terror.

Somos moi de ensaladas na nosa casa. Cultivo catro especies de leituga, dúas de mostaza, dúas de ruca, máis grelos, verzas, e herbas culinarias como perexil, menta, eneldo, e fiúncho,  todos que apaño a miudo para elaborar a ensalada mixta que comemos cada día durante o verán.  Hai que saír a horta para apañar a verdura, logo a lavo coidadosamente para quitar a area, uso o escurridor de ensalada para secar as follas, meto a mezcla de follas, agora feita ensalada mixta, nun molde de acero inoxidable, a cubro cun pano húmido, e meto o molde na neveira.  É de verdade unha delicia e unha ledicia. Ou ben pode ser …

Hai un par de días comezou o rito de apaño e preparación coma sempre. Estiven no fregadeiro, lavando as follas cando a vin.(Como che digo, non son para ter grima de atopar bechos.  É común atopar un insectiño trepando as follas cando vou lavando as leitugas.  É unha parte da experiencia de cultivar plantas ecolóxicamente na horta.  Pasa nada. ). Pero mentres quitaba un chisquiño de area dunha folla atopei algo fino e longo de cor grisacea que parecíame mover. Vin os tentáculos mover e logo o corpo comezou a planear pola folla. Quiteina axiño e dinlla polo desaugadoiro.  Maldito becho de carallo. E logo me decatei que podían haber máis entre as follas.  Comezei lavar e lavar, enxaugar e enxaugar, revisando cada folliña. Despois de non atopar nin outro rastro de lumachiña, me sentin aliviado. Claro a sensación de alvio non durou por moito porque comezei reflexionar sobre outras cargas de leituga que lavara antes. Podería haber lumachas na leituga de antes? Poderíamos comer lumachiñas sen sabelo, como ese home da película. Poderíamos coller unha enfermedade por mor de E. coli, ou un verme parasítico, ou unha ameba comemiolos?  Revoltaronme as tripas algo ao pensalo. Revisei ben outra vez máis a leituga.  Non atopei nada. Logo ceamos con esa ensalada mixta e tentei non pensar das lumachas. Máis tarde, de madrugada, soñaba con lumachas sanguinarias e esperteime mollado cunha suor fría.  

Para darme unha sensación de control da situación con esa praga na horta, decidín traballar para eliminalas.  Recorrín a usar unha trampa.  Pódese atrapar lumachas usando un recipiente pouco profundo, cheo de cervexa. O cheiro da cervexa atrae as lumachas, entran para probar e logo caen na trampa, acabándose afogadas. Pois como non hai cervexa Cruzcampo dispoñible onde moro, había que usar outra cervexa barata de pouca calidade. Puxen a cervexa Utica Club, unha cervexa estilo pilsner que se elabora na cidade de Utica, NY dende 1933. As lumachas morren por esa cervexa. 

Dende enton ata hoxe, xa non soño coas lumachas sanguinarias. Síntome mellor, aínda que noto que teño máis mocos que normal, pero iso debería ser por alerxias ao polen, ou se non…

3 comentarios sobre “As lumachas”

  1. que gusto da verte escribir en galego, e algo que precisamos moito e ten moita honra aprende-lo idioma de 0, espero que estes a pasar unha boa tempada de verao e que sigas a publicar mais blogs.

    Unha aperta dende ourense,
    Dylan

  2. Lumigachas dicímoslle por acó, alimachas tamén noutros sítios…, podes controlalas botando cinza por derredor das leitugas.
    Boas vacacións!
    Apertas de buxo. 👍👍

  3. Ala, xa sei o truco e vou probalo. Por aquí as lesmias( o nome que usamos por aquí) son negras e grandes coma dedos.
    Terei que ler este blogo e, de paso, quédache o meu para que o visites se che cadra.
    Boas vacacións. Eu aínda teño que traballar ata fin de agosto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario