Tigre deitado, dragon agochado

Bueno carallo bueno.  Xa está. Vou vello.  Non queda outro remedio seno admitilo.  Pois tiña pintas dende xa hai uns anos; a barba canosa, o cambio da musculatura e forzas, o corpo de pai. Envellecer é inevitábel.  Sempre tentaba evitalo manténdome en “boa” forma, facendo deporte, comendo sano, tentando manter unha visión xuvenil.  Coidarame ben e gozaba de boa saude.  Mais ocorreu un día …

Todo comezó un domingo á mañá. Espertéme cedo como é o meu costume e baixé para preparar o café e poñer a marcha ao día.  Esa mañá, seguindo cos costumes,  fun para ocuparme das necesidades e quedei abraiado duhna angustia gástrica inesperada que na vida nunca pasara antes.  Botei a culpa no curri da cea de anoite ou por tomar unha copa demáis.  Pasan esas cousas. Bastante noxento pero había que andar e nada máis durante o día volvía a pasar ningun outro episodio.  

O día seguinte pensaba que igual ia morrer.  Nada máis de cagarías seno un dor abdominal.  Sería unha gripe ou virus estomacal.  Pero non tiña febre nin outras síntomas. Sería algo que collía dos cativos no cole, que andan coma unhas fabricas de microbios, e sempre tosendo e estornudando libremente coma uns flusflus de praga. Seguía a doenza.  Non lle contei a ninguén o que me pasaba e comezei a sospeitar que puidese ser algo máis dunha gripe. 

O martes foime igual coa doenza abdominal no lado izquerdo debaixo das costelas, pero fun ao choio e ao poñerme a traballar non me fixaba no dor.  As veces hai que traballar así.  Xa estás no medio da acción e non tes tempo nin para ir mexar nin moito menos para pensar en doenzas inconvenientes.  Con todo, a mente pode ser sádica as veces e deixa que a imaxinación nos leva nunha montaña rusa de dúbidas e ansiedades.  Busquei en Google en múltiples sitios web de institucions médicas de renome.  Atopei varias enfermidades coas síntomas que tiña. A vesícula biliar estancada.  Mal de fígado.  Pancreatitis. Un abano de condicions e afliximentos ata varias clases de cancro.  Claro que me imaxinaba moribundo e pensando en todo un calvario para pasar.  Pois seguín os cosellos de Dr. Google e deixei de comer alguhnas cousas, e evitei tomar alcohol. Seguía tirando e por mares incertas pero non estaba tan tan mal así tentaba non preocuparme. Ata que saín a correr como normal e volvín con moita enerxía e bo ánimo.

Preguntarásme, pois fuches ao médico? Que che dixo o médico? [Nota: Acó adoitase facerse socio na consulta dun médico xeralizado privado para ir as revisions, citas para toda clase de problemas, ou para unha referencia a un especialista.  Se non vas cada ano para unha revisión, moitas veces te quitan da lista de socios.  Tamén hai clínicas públicas e as urxencias do hospital onde se pode recibir atención médica e tratamentos, pero hai que agardar media vida para ver ao médico.  Pois eu non teño médico privado e non quería pasar horas na clínica, así non fun e consultei a Dr. Google)  A resposta é que non.  Non fun ao médico.  Estaba para ir a urxencias cando entendín o que me estaba a pasar.

O mércores chegaron.  As manchas vermellas.  Soubín para prepararme para ir ao cole e fora a ducharme. Mentres me secaba, albisqueime o corpo no espello e vin unhas manchas vermellas no costado izquerdo que estremeceron nunha banda ata as costas preto do ril. Parecía un ataque de tiburón, mais sen sangue, ou máis ben unha queimadura do sol.  Non me dolía nada e non tiña idea de que podía ser.  Pero non houbía tempo para pensalo, era hora de ir ao cole.  Logo faría outra consulta con Dr. Google. Pois ao longo do día si que comezaba doler.  Un ardor coma o que sintes cando tes unha queimadura do sol grave e alguen te toca. A tarde cando volvín a casa soubín a cambiarme a roupa e as vin. As burbullas. Houbía un cacho de burbullas grandes e pequenas de cor amarelada e unha sensación de ardor leve e de comezón. Parecía que tiña a pel de sapo.  Sospeitaba o que significaba sen a consulta de Google pero escribín as sintomas no ordenador de todos xeitos.  Sabíano. Varicela zóster. En inglés chámase shingles o que significa tellas, supoño porque as múltiples burbullas parecen tellas dun tellado. Eu que sei. Mais shingles é unha enfermidade dos ancians. E non entendía como chegaría a coller ese virus.

O virus varicela zóster é membro da familia de virus herpes.  Ese nome, herpes, é malsoante porque sempre se asocia co virus herpes simplex que é enfermidade venérea, igual de notoria como a sífilis ou a gonorrea.  Pero o herpes zóster é menos escandaloso que o seu curmán simplex.  O herpes zóster produce esas burbullas doentes que aflixan aos ancians, pero ten orixe como o virus varicela o que collen e de que se recuperan case todos os nenos do mundo.  Collín a varicela a idade de sete anos e lembro faltar ao cole moitos días, tomar baños de aveno para aliviar o comezón, e esas costras por todo o corpo, incluso no cabeludo.  Pois recupereime sano e salvo despois dunha semana e pensaba que xa estaba acabada a historia da varicela. Pouco sabía que aínda que tiña inmunidade, ese virus non se foi do meu corpo seno escondeuse dentro nos ganglios dorsais na columna.  Aí durme durante anos, e non estará durmindo nada tranquilo porque cando se esperta está malhumorado e buscando vinganza. O zóster adoita saír na xente de cincuenta anos en adiante e por moito se considera unha enfermidade dos ancians. 

O mércores vindeiro cumpro cincuenta sete tacos. Non me considero un rapaz, pero tampouco un vello.  Non entendo as condicions que percipitaron este brote de zóster.  Dise que moito estrés pode provocar un brote.  Non teño unha vida sempre tranquila, pero non vivo baixo moito estrés. Non ten sentido. Coidome a saude. Fago deporte.  Despois de tantos anos traballando como mestre e estando exposto a toda clase de virus debo ter unha superinmunidade a todo. Pois non.Todos podemos sufrir dun xeito diferente este virus.  As burbullas poden saír na cara, ata nos ollos, ou en outros sitios desagradábeis.  As miñas non se veían e estaban no costado doado de esconder.

Despois de aparecer as burbullas houbía que facer algo para poder aguantar a duración da enfermidade. Hai medicamentos antivirais que poden aliviar o dor ou abreviar a duración da enfermidade.  Mais non hai garantía.  Optei para buscar remedios máis enxebres e coa axuda de miña muller, atopamos xeitos para quitar o comezón e o ardor, e facilitar o aguante do virus.  O vinagre de sidra de mazá aplicado nas burbullas quita o ardor inmediatamente e axuda secalas para sanalas e formar as costras.  Usando un flusflus, aplico o vinagre tres veces ao día.  Tamén tomando suplementos de L-Lysine e comendo unha dieta sana de comidas nutritivas que apoian o sistema inmunitario son xeitos positivos para axudar na curación.  Hai que evitar certas comidas e o alcohol para non provocar inflamación e irritación na zona afectada.

Hoxe é venres, e levo case dúas semanas coa pel de sapo, pero vai sanando ben.  Nalguns casos a enfermidade pode durar ata cinco semanas.  Estou esperando unha recuperación total dentro de pouco.  Pero hai que agardar e aguantar e xa.  Cos virus hai que ter paciencia. Duran canto duran.  Pois o zóster tiña moita paciencia tamén, repousando na miña columna vertebral durante cincuenta anos para xurdir a felicitarme un bo aniversario.  Despois de pasar todo isto agardo ver o fin da historia do virus herpes zóster, pero nunca se sabe se vai rebrotar.

1 comentario sobre “Tigre deitado, dragon agochado”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario