Verde que te quero verde

Pode ser que me guste a primavera tanto porque nacín o primeiro día da primavera, ou tamén pode ser porque levo vivindo a maior parte da miña vida nun clima de invernos lonxes e fríos. Sexa ou que sexa o motivo, gústame a chegada da primavera, e a pesar de que me ilusióne moito poder facer esquí de fondo no inverno e que a neve pode ser moi bonita, despois de varios meses seguidos de escuridade e frio, xa me basta. 

Mentres andamos achegando mais ao equinócio vernal gañamos horas de luz solar e alónganse os días. Noto un cambio de ánimo e sintome mais vivo cando os días van mais longos. É hora de pensar e planificar o que facer na horta e fora da casa. Só hai que agardar ata que chegue a primavera de verdade, a que raras veces cadre coa primavera do calendario. O primeiro día da primavera é o 20 de marzo pero onde vivimos o cambio no que pensamos cando falamos da primavera non chega ata un mes ou un mes e medio mais tarde. Noutras zonas do país durante marzo vai sol e calor, brótanse as flores e as arbores, a hebra volve verdosa e todos os animais e plantas están en plan para crecer e reproducir. Aquí no norte hai que agardar. Haberá un ciclo de tempo variable cando vai sol con temperaturas enriba de 0C, hai un desxeo é moita auga e barro. Logo un día chove ata que todala neve desapareza, e noutro dia neva e non cuaxa, ou igual cáenos unha nevada de carallo e dura varios días. Moita inestabilidade metereoloxica. Pero un día todo estabilizase. Saen as flores. Vese a hebra. A neve vai derritendo. 

Alguns cheiros poden traer lembranzas de ser cativo. O cheiro da herba mollada cando a neve vai derritindo (sona como o nome dun xefe nativo-americano)é un cheiro que tráeme moita alegria e lembrame de ser cativo e sair nas botas de goma e camiñar polo xardin a xogar nos “lagos” e romper o xeo. É un cheiro moi semellante a petricor, o olor que se ule cando a terra está seca e acaba de chover. 

O verde é o meu cor preferido. Dende sempre encántame o verde, todo que hai fora na natureza, as arbores, a herba e tal. É tamén o cor da primavera. O verde alégrame e recheame de esperanxa. Supoño que cando era un crío de poucos meses fose un cor que vin moito aquela primeira primavera da vida. 

1 comentario sobre “Verde que te quero verde”

  1. Na Galiza as primaveras son como as describes, tanta choiva ten que ser para ben, grazas á ela temos o país verde e exuberante que temos. Lembro tamén eses cambios súbitos de temperatura, coas neves de abril cando xa non se esperan.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario