Sempre lembras a primeira vez

Onde vivo no estado de Nova Iorque hai paisaxe fermosa de abondo pero tendas onde ir a comprar non tantas. A miña muller precisaba algunhas cousas e non as íamos atopar na vila, así fomos de excursión. A nosa vila non ten un centro comercial así sempre temos que facer a viaxe de unha hora e media a unha cidade pequena/mediana onde hai tal sitio adecuado.

Estivemos no almacén TJ Maxx cazando rebaixas. Eu nunca atopo nada cando imos de compras para roupa. Dou a volta para ver o que hai pero raras veces vexo algo que me capta a atención. Pois sen ter sorte na sección de roupa para homes, pasei a sección para fogar. Sempre hai cousas para ver e as veces hai comida de italia, grecia, ou españa.

Pois xa dera a volta polos corredores sen ver nada ilusionante así fun buscar onde andaba a miña muller. Atopeina falando coutra muller das virtudes dun certo pimentón español e decatouse de que a muller era non só española seno galega! Que ledicia, pensaba eu! Unha persoa galega, no meu país, con quen podía falar cara a cara en galego.

Pronto a ledicia pasou a desilusión. A miña muller estaballe falando e preguntoulle de onde era. Pois a española era inmigrante de España a Canadá vivendo moitos anos en Montreal (Montreal queda a unha hora en coche da cidade onde estabamos e adoita cruzar a fronteira moita xente a facer compras porque lles sae mais barato). Era de Pontevedra, cunha irmá en Vigo e outra en Laxe. Vivía en Montreal co seu home portugues, nativo dos Azores. E non falaba galego.

Pois non era o feito de que ela non falaba galego que me abraiou. Era a forma en que ela me respondiou cando lle preguntei, cheo de ilusión se falaba a ligua nai. Pois miroume come se lle preguntase se practicaba sadomasoquismo ou algo, cunha cara de “Eu?, que non! Eu nunca faría tal cousa”, explicando que non falaba galego dende hai moooooooitos anos e era cousa dos avos.

Pois eu sentínme algo desinflado. Primeiro unha mezcla de desilusión e tristeza, e logo unha comprensión. Pois xa sabía que existía esa mentalidade. A vergoña. O auto-odio. Os comentarios como desa Evita de Vigo que di que o galego é só de aldea e dos vellos. Os comentarios de trolls fachistas que din que o galego é só un dialecto de pailáns. Hai moita merda por aí fora nas redes, pero antes estaba aí lonxe. Esta era a miña primeira ocasión de experimentalo de primeira man. Podo entender que despois de séculos de desprezo sistemático e intentos de supresión dunha lingua e unha cultura que habería algunha xente que xa non vise o encanto de falar galego. Pero entendélo entendo, iso non significa que me gusta.

Vivo nunha burbulla. Pois non é gran segredo que me encanta a lingua galega. Todo os meus amigos son galegos e viven en Galiza, e son da xente que si valora e defende o galego. A miña relación ca lingua galega comezou hai uns anos e pasou de ser unha curiosidade intelectual liguística a unha forza vital para min. Non son galego de pura cepa pero sei que teño unha alma galega. Paso todos os días consumindo contido galego dun xeito ou outro. Vexo TVG, lo artigos de Nós diario ou cousiñas de Instagram e Twitter, boto moito esforzo para practicar falando en galego cada día, ata falarme só no coche, gravando clips ou para os meus amigos ou para a miña canle de Youtube. Perfeccionar o meu galego é algo moi importante para min. Pois algún día podereime permitir unha viaxe a España e volverei a Galiza e falarei galego cos meus amigos. É un soño da vida que me sosten mentres paso pola miña rutina diaria. Entendo que outra xente ten outras prioridades na vida.

Esa muller tendría uns 65 anos en adiante, xa levaba vivendo en Canadá durante moitos anos e moitos anos sen volver a Terra Nai, e a pesar de que nacese española e galega, agora é canadiense e anglo/franco falante. Deixou a vida en España, como moitos enmigrantes, e moitos galegos, para atopar mellores oportunidades en outro país. Seica pensar en Galiza non lle enchea de ledicia do mesmo xeito como para min. Non teño dereito de xulgala. Pero pensandoo despois gustaríame que lle dixera que nunca é tarde volver aprender a lingua nai.

Pois eu non vou perder a esperanza. Vou ser positivo e seguir estudando, aprendendo, defendendo, servindo como exemplo de alguen que si apreza o galego, e moito. Vou seguir esperando atopar un galegofalante neste lado do Atlántico con quen podo entablar en conversa e tomarnos unha copa e brindarnos a Galiza. Viva Galiza e viva o galego!

1 comentario sobre “Sempre lembras a primeira vez”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario