O amor é . . . . custoso

Velaquí un artigo que escribín hai dous anos . . . bueno case tres. Esquecera que o escribín pero atopeino nun diario e fixoume gracia lembrar a historia.

Estes versos do 1 Corintios 13, da Bíblia, adoitan figurar nas lecturas das vodas:


“4 O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece …”

Pero falta unha parte – o amor é custoso. 

Esta semana aprendimo. Pois hai uns dias recibín un aviso no mobil do proveedor de servicio telefónico AT&T, sobre certos cargos adicionais postos á conta. Ao princípio pensei que fora un aviso de rematar os datos do mes no plan porque moitas veces iso pasa, pero resulta que non foi sobre datos. Foi un cargo de $200 por realizar chamadas internacionais. Pensei imediatamente que sería algo que tiña que ver co meu fillo Noah que estaba en España e seica houbía un problema co seu plan non sei que, pero non foi nada que ver con Noah. Hai unha semana o meu fillo menor Dan coñeceu a unha rapaza empregando Tinder. Parece que Dan pillou un Match cunha rapaza canadiense que vive en Ottawa. Ainda que vivamos média hora en coche da fronteira de Canadá e unha hora e média de Ottawa, unha chamada daqui pallá considérase chamada internacional e cóbrase unha tasa. Hoxe en día estamos tan acostumados a empregar os móbiles “grátis” que non pensamos en cobros nin larga distancia nin nada de eso que hai moitos anos era unha preocupación. Pois Dan chamoulle e entabloulle en conversa con esta nova amiga e falaron por horas. E o día seguinte ela chamoulle a el e falaron. Resulta que se cobra se ti ou fas ou recibas a chamada. Pois como Dan ten choio e pode ser responsábel cando queira, ofreceunos pagar a tasa de $200 cando chegase a factura. Dixemoslle que lle axudaríamos pagar o medio. Foi un erro sen querer. 

Enton todo ben ata o próximo día cando recibín outro aviso do proveedor, e esta vez os cargos subiron a $400. Carallo que custoso é o amor! Fun á paxina web do proveedor para comprobar a conta. Aínda non había fáctura. Tiven que chamar ao servicio ao cliente para falar con alguen. Primeiro falei cun robot que non tiña a voz típica gravada de ordenador e pensei que era unha persoa de verdade. Logo tiven que agardar un bo rato para poder falar cunha persoa persoa. Falei con Alex. Expliqueille a situacion de que o meu fillo coñeceu unha rapaza de Canada e Alex atopou moita gracia niso e soltou a reir dicendo que o amor é custoso. El era moi comprensivo. Xa sabemos como somos, os rapaces, e as cousas que facemos en nome do amor e tal. Moi bo tipo ese Alex. Axudounos atopar un xeito de cambiar o plan do proveedor para incluir chamadas a Canadá e México sen tasa adicional, e quitar os cargos de $400. Bravo Alex, o crack de AT&T! 

Pois todo ben ao final. Colorín colorado. Dan pode falar con Rhiannon cando queira. Pero aínda non pode ir a visitarlle porque a fronteira está pechada para nós dos EEUU ata mellorar as condicions de casos de coronavirus. Asi o amor é paciente enriba de ser custoso e todo o resto. 

Posdata: A fin de todo, o meu fillo Dan nunca chegou a coñecer a Rhiannon de cara a cara aínda despois de tanto lío. Agora está nunha relación estable , pero a sua moza é do estado de Nova York.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario