A Raíña das bocaladas

Son docente. Levo 26 anos en total como educador, os últimos 17 como mestre de primaria. Ser mestre de infantil non é un oficio apto para todos. Ademais de ter unha boa formación pedagóxica hai que ter moita paciencia, un bo sentido de humor, e ser flexible. Hai un sen fin de ledicias e as veces de frustracions. É certo que nunca se aburre.

Unha característica dos cativos de cinco ou seis anos é que sempre lles interesa a xustiza. Todo ten que ser xusto. Branco e negro. Nada de medias. O bo é bo e o malo é malo. E están moi preocupados de ser bos e non ser malos. Non sei se é algo innato ou algunha ansiedade de onde van acabar na lista de Papa Noel. Pois para destacar que un é bo e outro é malo recorren a tomar cada oportunidade para darmo a coñecer cada incorreción dos compañeiros. Si. Son chivatazos, uns acusóns profesionais. 

Outra característica dos cativos de 5 a 6 anos é a súa fascinación cas cousas prohibidas, sobre todo as palabras que non se deben dicir. É evidente que alguén lles ensinara a lista das verbas ofensivas pero tamén é evidente que hai xente no seu mundo alí soltando bocaladas. Están por todos lados. É máis raro hoxe en día non escoitar alguén dicendo groserías nos filmes, na tele, ou na vida cotiá. Hai anos censuraron “Maldita sea!” na tele e agora vai toda clase de palabra fea. De feito a famosa lista das “sete palabras que se prohibe dicir na tele” dun chiste do comediante George Carlin dos anos setenta xa vai dende tabú a estar común e corrente.

Pois no ranking das bocaladas segundo os cativos no cole, a palabra en inglés Fuck é a Raíña de todas. E ben o saben todos que coma o nome de Valdemort nos libros de Harry Potter, é algo que non se debe pronunciar en voz alta.  Pero claro que o din. Non entendo porque o din. Será porque pensan que é algo guai, ou failles ser máis maduros, ou son inocentes ante o mal que representa. Claro, son os adultos na sua vida ou a rapazada do bus escolar que usan esa palabra, ou incluso poden ver ou escoitala de videoxogos, nas redes coma en Youtube ou TikTok, ou na tele familiar.

Por certo, a palabra Fuck en inglés é de multiuso. Pode ser un verbo transitivo ou figurativo, un adxetivo, e unha exclamación. O verbo to fuck = follar, foder no sentido de realizar o acto sexual ou tamén en sentido figurado como causar daño ou estar en líos: He was fucked up = El estaba bébedo, I fucked up the exam = Cagueino o exame. Para expresarlle ira, desafío, ou desprezo a alguen, hai o clásico Fuck you! = Fódese/Que che fodan!/Que che dean polo cu!, ou outros clásicos, Fuck off! / Go fuck yourself! = Vaite á merda!. Para expresar incredulidade hai forma en interrogativo , What the fuck? = Manda carallo! Que carallo? E un uso moi común da palabra Fuck é para expresar frustración con o sinxelo expletivo Fuck! = Carallo! / Ostia!

Porén acaban escoitando esta palabra, para min, como un vello de 55 anos que crecín nunha época de censura social das bocaladas na primaria, escoitar a facilidade que sae da boca dunha cativa inocente de cinco anos a palabra Fuck, flípame, carallo!

E non é que os cativos andan soltando bocaladas coma mariñeiros ou espectadores bébedos vendo un match de fútbol. Cen por cento das veces que escoito a un cativo dicir Fuck é no acto de chivarlle ao compi de clase.

Unha situación típica:

Eu estou a facer algo, como preparar as cousas para unha manualidade, ou recoller algo do escritorio. Unha cativa achégase a min e di, “Mister Chi, Donovan dixo Fuck, e ella o di non nun murmurio, pero nunha voz normal se non medio forte e con tanta facilidade de dicir un bos días. Pois o importante para min, despois de recuperarme do choque inicial, é manterme tranquilo. Se o fas unha cousa grande xa estaránse a decatar que é algo que trae atención e quererán repetilo. Logo digo eu: “Bueno pois, iso non debe ser. Xa falarei con el. Non te preocupes.” Pero a cativa persígueme insistindo, como pensase que eu non lle cría, e volve repetir, “Mister Chi, de verdade, Donovan dixo Fuck“. Logo duas cativas máis achéganse a nós, dicindo, “É certo Mister Chi, el dixo Fuck. Outra di: “Eu escoiteillo tamén, dixo Fuck“. E logo eu quedo abraiado polo asalto acústico e síntome rodeado destas inocentes anxelicais, todas repitindo frases insistentes en voces medio fortes, soando coma un rebaño de galiñas, pero eu só escoito unha palabra, Fuck, Fuck, Fuck. Digo eu; “Xa vale. Tranquila. Falarei con Donovan.” E agardan para ver si o vou facer, e por fin me deixan en paz. Achégome a Donovan para falarlle do asunto. “Donovan, estás dicindo palabras que non debes dicir?” Claro que o nega o cativo. Nunca admiten nada que vai meterse en líos. E logo veñen as acusadoras para volver dicir, “É certo! El dixo Fuck. Eu digo: “Bueno, basta de dicir esa palabra e basta de acusar, hai cousas que facer. Todas á alfombra!” Convoco un cumio de clase na alfombra e falamos todos de palabras, e como hai palabras que din os adultos que non se debe dicir os cativos e sen poñer exemplos todos sabemos cales son. Repasamos o procedimento para denunciar o delito, o que é dicir, “Mister Chi, Fulano dixo unha bocalada”, e logo contarma nun murmurio na orella. E falamos da consecuencia, o que é o cativo ten que ir falar co Director, e logo eu mandareille unha mensaxe á nai do cativo explicando o que ocurriú. Logo, falo con Donovan a sós, e chegamos a un entendemento. Non lle mando ao Director, pero mandolle unha mensaxe á nai avisandolle que eu non o escoitín, pero unhas compañeiras de clase escoitaronlle dicindo groserías. Seica sería boa idea falar co neno do asunto en casa.

Estes son os casos cando me sinto vello, algo aislado do mundo cotiá, e con ganas de xubilarme. Na miña mocedade nunca pasaría unha situación igual. Coñecíamos esas mesmas bocaladas, pero os nosos pais educáronnos sobre ese tema, e coa ameaza do cullerazo do culler de madeira por mal elección. Sabíamos como comportarnos en público todos. Agora os pais de hoxe en día son máis liberais. A sociedade vai evolucionando, e os cambios non son todos por o ben.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario