Homes e mulleres

Ti es un calzonazos? Non sei se eu son calzonazos o non, terei que preguntarlle à miña muller a ver que quere que diga. Ese é unha broma, seica mala. 

A relación entre home e muller é complicada. Nas promesas que facemos na voda decimos que hai que ser fiel sempre á parella tanto nos tempos de boa fortuna como a mala, tanto de boa saude como con enfermidade e prometémonos querer e honrar á parella ata morrer. 

Recorro as promesas de voda cando a miña muller estáme berrando por algo que “supostamente” fixen e entranme ganas de berrar de volta ou ben tirar unha cadeira. 

Querer e honrar. Querer e honrar. Querer e honrar. 

Esa mantra axudame centrarme os pensamentos e estar tranquilo antes de dicirlle “Síntoo Cari”.

Son calzonazos? Algunha xente, sobre todo algúns homes que coñezo dirían que si. Eu prefiro dicir que son mellor un hábil táctico ou diplomático. As veces hai que pesar as ventaxas e desventaxas das palabras ou accións antes de dicir o Si Cari, Non Cari, ou Levas razón Cari. As veces máis vale perder unha batalla para gañar a guerra, sabes. E ademais o divorcio é moi custoso. 

Pois todo iso de “ti es un calzonazos” depende da xeración e a cultura onde te criaches. A miña xeración (xeración X por certo)criámonos a finais dos 60 ata os 80 con pais que se criaron nos 40 e 50, entón as mulleres eran mulleres e os homes homes. Iso significa que seguían os estereotipos patriarcais de sempre antes de movementos feministas, queimadas de sosténs e todo iso, pero aínda así cada vez máis as mulleres ían facendo progreso na igualdade. 

A miña nai era ama de casa durante todos os anos que as miñas irmás, o meu irmán, e máis eu vivimos na casa familiar e logo traballou como secretaria despois de criar a súa familia. Cando ela era rapaza as únicas opcións para carreira eran, ser docente, enfermeira, bibliotecaria, ou secretaria, pero a prioridade sería casarse e criar nenos (Agora pois unha muller pode ser mecánica, bombeira, astronauta, ou presidenta de Nova Zelandia). As mulleres entón deberían ser virxes antes de casarse, obedecerlle ao home, coidar ben a casa e os nenos, facendo todas as tarefas de casa, xa sabes, o “traballo de mulleres”, sen ter ningún control dos asuntos financeiros salvo facer a compra (A miña nai non tiña a súa propia conta corrente no banco ata mitade dos 70). A función primaria era coidar e protexer ao home, os fillos e a casa, e despois coidarse dela mesma.

Querer e honrar. Querer e honrar. Querer e honrar.

Os homes pois tiñan as súas cousiñas. Eran os Reis do Pazo. Tiñan que saír a traballar todo o día. O meu pai traballou durante moitos anos en administración. Na miña familia había unha desas historias de familia (xa sabes, as historias “tan graciosas ou cuquiñas” de que fixeches ou dixeches cando eras neno que sempre contarían diante convidados ou xente de visita, que eran graciosas para eles pero vergoñentas para ti, pois esas) e segundo lenda familiar, estabamos no coche e pasamos diante o edificio onde traballaba o meu pai e eu dixen “alí está onde vive o meu pai”. Pois era certo. O meu pai traballaba unha xornada longa. Chegaba á casa esperando a cea preparada, a casa limpa, os fillos ca tarefa acabada, o xornal e unha pipa. O pai era o disciplinario. Non querías escoitar a nai dicir, “a ver que pasa cando chegue o teu pai” (aínda que a miña nai tamén tiña que recorrer a ameazarme de cando en vez cun cullerazo coa culler de madeira, o equivalente estadounidense do chancletazo español). O pai tiña dominio sobre todo que tiña que ver coa casa por fóra, o garaxe, e a quinta. Lavar o coche, cortar a herba, sacar o lixo, facer a churrascada, todos eran “traballo de homes”. Tamén o home encargouse de facer a declaración da renda, xestionar as finanzas da familia, e coidar e protexer o ben común da muller e a familia e máis a casa.

Querer e honrar. Querer e honrar. Querer e honrar.

(Por certo, os meus pais levaron casados 65 anos cando morreu a miña nai. Eran amores dende infancia e nunca na vida lles oín dicir unha palabra dura entre eles nin discutir diante nós os fillos. Quereronse profundamente e viviron unha vida moi feliz xuntos)

A miña xeración X criamonos no espectro dese paradigma patriarcal pero vendo o movimento para a liberación das mulleres e mais outro progreso social. O paradigma cambiara. Cando era universitario a finais dos 80 a situación estaba ben diferente de cando era cativo. As mulleres gañaron avances na igualdade de liberdades sociais, de oportunidades, categoría social, e soldos. E houbia menos amas de casa e máis mulleres de carreira. O paradigma cambiou para os homes tamén. Xa non era impensable que un home cuidese aos nenos e a casa mentres ía ao choio a muller. Agora tras pasar 35 anos, pois a cousa vai cambiando aínda máis. 

A miña muller e máis eu levamos casados case 31 anos. Os dous traballamos. Temos dous fillos. Os dous ocupámonos do coido dos fillos cando eran bebés e incluso collemos baixa para estar na casa con eles. Compartimos as tarefas na casa. Os dous gústanos cociñar e preparamos as comidas por quendas. Hai algunhas tarefas que adoito facer eu como cortar a herba pero é porque me gusta, non porque a miña muller non é capaz, o sexa “traballo de homes”. Cada semana convocamos “o cumio financeiro familial” e falamos dos ingresos e gastos e decidimos xuntos as finanzas. Traballamos xuntos pero mantemos a indivualidade. Ao longo dos anos houbera “momentos tensos” se non discusións de cando en vez pero de verdade raramente. A miña muller non é tímida de expresar a sua opinión. As veces quéixase de min, berra con frustración, o cabréase de min por algo(será por poñer algo nun sitio equivocado, esquecerme de facer algo, non escoitarlle toda a conversa ou procrastinar de facer algo que me pidiu. De verdade coma marido son a ostia.). Nunha situación así teño dúas opcións, o perder o xuízo e recorrer áos sentimentos brutos, berrar e discutir ( loitar o lume con lume), ou manter calma, reflexionar un poquiño, admitirme a culpa e pedir perdón. As veces cas cousas non graves é mellor compremeter que discutir.

 Moitas veces pensamos que o crecemento ocurre cando somos nenos ou adolescentes e para cando somos adultos(pode que si porque hai adultos inmaduros). Creo que ao longo dos anos como adultos seguimos medrando. O egoísmo e mais a inmadurez de mocidade pasa á paciencia, entendemento, e madurez. Así que non me identifico como calzonazos. Son un home moderno, aberto, maduro e sabio por pasar anos de experiencia de vida. E ademais o divorcio é custoso.

Querer e honrar. Querer e honrar. Querer e honrar.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario