Pode saír algo benéfico da venganza? Debe haber límites na libertade de expresión persoal? É posíbel atopar a belleza onde outros verán asco? Estas son preguntas para pensar ao evaluar unha situación que pasou na miña vila durante hai varios anos.
A vila onde vivo, Potsdam, conta cunha variedade de cousas que lle da certo fama na zona onde se atopa e no estado. É famoso por unha pedra arenisca única. Aquí en 1885, un home chamado Hervey Thatcher inventou a primeira botella de vidro que se usaba para repartir leite pasteurizada ás casas. Hai dúas universidades de renome. E tamén hai o xardín dos inodoros.
En 2004, Hank Robar, un comerciante local y dono dun taller de mecánico, dun servizo de taxis, e de varios inmobles, quería abrir unha franquicia de Dunkin Donuts nunha das suas fincas. Foi á Xunta local para pedir o permiso para iniciar as obras, pero a Xunta negaronllo porque o sitio onde quería erguir o restaurante estaba ubicado nunha zona residencial, no comercial. Robar se enfadou pero inda máis cando decatouse de que a xunta xa lle dara permiso a outro para erguir unha tenda de donuts dese tipo nunha finca 100 metros da súa.
Que se pode facer cando se encara á decepción e á inxustiza? A protestar. Pois durante o primeiro verán despois da decisión da xunta, amosáronse varios cambios nunha finca de Robar. Nun terreno baldío que era só de herba verde empezaron a aparecer uns inodoros e ouriños de segunda man. Os inodoros estaban arreglados nun diseno algo xeométrico e de forma dunhas macetas de flores. Os ouriños estaban clavados nun vello garaxe, tamen de forma de maceta de flores. E todo na plena vista nunha das ruas principais da vila.
Moita xente curiosa pasou por ese sitio para ver a “marabilla” do xardín dos inodoros. Houbía dos grupos, os a favor e os en contra. Saíron editoriais nos xornais de alabanxa e de rencor escritos pola xente da vila. Vineron os xornalistas para facer reportaxes. Algúns vándalos romperon moitos inodoros pero cada vez Robar puxo máis de relevo. Algúnha xente denuncioulle a Robar por feísmo pero un xuízo civil declarou a seu favor por expresión artística protexida baixo a liberdade da palabra. Dende entón atá agora segue o xardín en ese sitio, e por malia surxiu dous xardíns mais. Parece que o cutre enxendra mais do mesmo.
Algunha xente pensa que o arte é arte porque o artista di que si. Outra xente cree que o arte depende do quen o vexa. Non son experto no campo de arte moderno pero sei o que me gusta. Se alguen me dixese que un inodoro usado cheo de flores con un poste a raios coreados era expresión artística que merece mérito, eu diríalle que non, pero é certo que se pode ver as veces nunha galeria de arte moderno exhibidas “esculturas” deste tipo. Hai xeitos de reciclar as cousas comuns e correntes para crear algo fermoso. Ata que se podería usar a taza dun inodoro e cubrilo con pedras para facer unha fonte. Pero un inodoro posto nun xardin, cheo de flores de plástico é só iso e nada máis, dixo eu. Pero como mínimo o xardín sirve de “interes cultural” ou curiosidade. Aí vai unha razón máis para facer o viaxe de visita a Potsdam.
Ao longo dos 17 anos dende a sua aparición seguira a batalla xurídica entre a Xunta da vila e Robar. Moitas veces a Xunta intentou citar cláusulas das leis municipais para mandarlle a Robar quitar os inodoros. Varias veces, a Xunta perdou, nembargantes unha vez ganou o procedimento légal para que por fin Robar quitase os inodoros. Segundo o dictamen da Xunta, Robar estaba en violacion de varias normas e leis da vila e logo un tribunal estatal fallou en contra de Robar. El tería que quitar os inodoros ou enfrentar cargos, pagar o costo da eliminación dos inodoros e pagar unha multa. Pero Robar iniciou unha apelación así ainda lle quedaba esperanza. Houbo un sondeo público para saber a opinión da xente. Foi sorprendente o número de persoas que estivesen a favor de Robar. Moita xente creelle un héroe na batalla contra o convencionalismo e o poder político da Xunta municipal. Poren outra xente cre que Robar e un toxo vengante que quere fastidiarlle a Xunta e desfruta da atención. Así a Xunta ganou unha batalla pero seguía a guerra.
En abril de 2021, despois dunha batalla longa, o tribunal estatal de Nova York fallou en contra da Xunta de Potsdam, citando a liberdade de expresión. Non tería que arrancar os inodoros e destruir os xardins. Aparte do xuizo estatal, Robar demandara cun preito civil buscando no menos de sete millons de dólares por daños, o que gañaría, e en fin a Xunta da vila acordou darlle uns vinte mil dólares. Ganou a guerra o toxo. Algunha xente celebrou o resultado, citando unha victoria para un home comun en contra do goberno. Outros sacuden a cabeza.

Para ver mais información e entrevistas sobre esta curiosidade pódese pinchar os enlaxes abaixo: