O miolo e o mollejón

Fascíname o miolo humano. É un superordenador que está en marcha continuamente todos os días a todas horas, xestionando as funcións vitais do noso corpo e á vez percibindo información do mundo arredor por medio dos sentidos. Logo interpreta toda esa información, organízaa, e almácenaa. As veces hai un importante beneficio de poseer esa información porque garantiza o noso benestar e sobrevivencia. Outras veces quedamos para sempre cos efectos de traumas e pesadelos de que non logramos esquecer das memorias. 

Unha capacidade do miolo humano que me fascina é como forma os nexos entre os sentidos e os sentimentos. Porque me poñe os pelos a punto escoitar certa canción na radio ou outro tema me mete ganas de botar a chorar? 

Pasoume fai uns días. Estiven no coche. Fomos de excursión e durante a longa viaxe puxemos unha playlist de Spotify, os Grandes Éxitos dos 70 ou algo parecido. Pois saíu á canción “Close to You”, unha clásica canción de Burt Bacharach de 1970, interpretada polos Carpenter. Esa voz ronca e profunda de Karen Carpenter sempre me encantara dende ser cativo e teño memorias moi claras de escoitar esa mesma canción na miña casa familiar ou no coche e levame a aqueles anos, sendo cativo, vivindo na casa coas miñas irmás, o meu irmán, e os meus pais, doutra vida sinxela e inocente. Eramos tan felices e todo parecía estar ben no mundo. Pero voan os anos.

Cando naceu o noso fillo maior Noah, á hora de deitarlle sentaríanos na mecedora e eu cantaríalle ata durmirse. Entre os temas do repertorio figuraba esa mesma canción dos Carpenter. Escoitar a canción levame a aqueles días sendo home adulto, recén casado, na nosa primeira casa, sendo pai por primeira vez, sostendo o meu primeiro fillo nos brazos, mecendo e cantando. Eramos tan felices e todo parecía estar ben no mundo. Pero voan os anos.

Dende escoitar os primeiros acordes e os primeiros versos da letra iniciou o viaxe no tempo. As pantasmas do pasado levaronme a revivir escenas pasadas nun instante. É foron moi boas lembranzas, sen embargo me meteron tanta morriña que estaba para estalar en bágoas. Porque é que as cousas boas provocan bágoas? Que é a nostalxia? Pois creo que as bágoas de nostalxia son unha especie de bágoas de loito. É un loito da perdida dunha etapa de vida que xa non está. 

No ritmo trepidante da vida cotiá non sempre lembramos aos prezados ausentes nin aqueles bos tempos salvo cando o noso miolo perciba certo estímulo vencellado.  Se xa non podemos estar coa nosa xente morta nin os tempos pasados, menos mal que aínda quedan as memorias. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario