Snow Day

Ser docente é como todos os traballos. Hai beneficios e tamén desafíos .  Para nós, os mestres e as mestras dos coles aquí no norte do estado de Nova York onde vivo, unha cousa con que soñamos é o día cando recibamos o aviso de que se anulan as clases por moita neve.  Snow day.  É cousa particular dos estados do norte.  En Florida, nada que ver. Nunca van desfrutar dun snow day, pobreciños.   Pero supoño que xamás desfrutémonos nós acó no norte dunha anulación por huracán tampouco.   Cada cal coa súa cousa.  Pois estes eventos son escasos e célebres.  Creo que nós os mestres estamos tan ou máis ilusionados  que os cativos de recibirnos as noticias.  Pero para os cativos é algo especial. Hai toda unha cultura no cole baseada nos días de neve. Segundo a lenda no cole, pódese provocar un Snow Day a noite anterior ou levando posto o pixama por dentro para fóra ou botando cubos de xeo no váter. Lembro ben fai anos cando era neno, aqueles mañás de inverno sentado preto á calefactora escoitando a radio e agardando oír os nomes dos coles pechados, un tras outro, e o sentido de pura alegría de poderme quedar en pixama e volver durmir.  Hoxe en día agardamos unha mensaxe de texto.  Non é igual pero de todos xeitos é alucinante. 

Os Snow Days, “días de neve” son días programados no curso escolar para usar no caso de condicions de estradas non aptas nin seguras para o transporte do alumnado nos buses. Hai cinco días de emerxencia que se adoita usar para Snow Day, pero igual se pode usar no caso dunha avería de fontanería ou apagón electrico. E no caso dun ano de pouca neve nin a necesidade de días de emerxencia, eses días extra pódense engadir para extender as vacacions de Semana Santa.

A decisión para anular as clases ven dende o xefe do cole, o superintendente. El ou ella, despois de consultar á primeira hora, co director de transporte e máis os superintendentes dos coles veciños, fai a decisión clave. Todo depende da temporalización de eventos. Saen os buses para recoller aos alumnos a certa hora da mañá. Se hai chuvia que cambia a xeada ou vai caer unha nevarada ao longo do día, anularán as clases porque sería perigroso mandar os buses, e por certo sería perigroso para nós os mestres para conducir ao choio. Na nosa zona do estado contamos cun equipo de quitaneves top e saen para despexar as estradas e botar sal ou area a todas horas. Realizan un traballo hercúlo. Pero se non poden chegar a todos os recunchos da nosa zona rural á hora xusta, a condición das estradas será prexudicial. E nós do mundo educativo temos moita sorte ter o día libre por malas condicions das estradas. O resto do mundo segue igual a pesar da neve e ten que navegar a seus traballos de todos xeitos. Raras veces cae unha nevarada tan severa que esixe pechar todas as estradas e autopistas.

As veces a cousa comeza mal, e hai xeo ou neve a primeira hora pero o pronóstico para o día é mellor. Nese caso comezamos cunha demora de duas horas. Tamén unha fonte de ledicia para os cativos posto que significa unha xornada curta. Para nós os profes pode significar un rato para desfrutar doutro café máis antes de ir para o choio, ou chegar á hora de sempre e ter duas horas para traballar en paz. Tamén é posíbel que caia moita neve á tarde cando xa chegaramos ao cole e pasaramos a xornada normal, pero hai que sair con antelación para que os alumnos cheguen á casa antes da nevarada. Nese caso hai moita emoción se non estrés para conseguir que os alumnos estean preparados para a saída, e xusto despois, liscarnos nós para casa tamén. Vivimos á mercé do tempo.

Pois igual que fai tantos anos cando me sentaría en pixama a primeira hora, escoitando pasar lista os nomes dos coles pechados no radio, hoxe en día nestas mañás invernais, cando o pronóstico era favorable para xeada ou nevarada, mentres tomo o café matinal e reviso o Instragram ou poñome ao día na Terriña vendo a Almu nas noticias de TVG, quedo agardando a noticia clave, unha mensaxe de texto que anuncia o Snow Day. No caso de si, significa que podo tomar outro café e quedarme en pixama por un rato máis. No caso de non, espabilaréime e preparareime para loitar outro día.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario