A febre de cabaña

Na Galiza chove. É normal. Sería algo raro se non chovese no outono e inverno. Os galegos viven con esta verdade da natureza e a pesar de que sexa pesado despois de múltiples días seguidos de chuvia, é parte da esencia galega. 

Aquí onde vivo a verdade da natureza é que neve. Cada ano podemos tomar por certo que haberá unha xeada a mitades de outubro e dende enton vai comezar outono e preto está a agardar o inverno. No novembro pode que haxa un poquiño de neve pero para Nadal é casi certo. Ainda había uns anos dun Nadal Verde o normal é como na canción I’m Dreaming of a White Christmas (Eu soño cun Nadal Branco). O inverno como tal dura ata marzo polo menos. Habera desxeos e nevadas pero o frío e tódalas condicions invernais durarán ata marzo ou abril. Podo lembrar anos cando en pleno maio nevou cas flores e arbores en brote. Non durou moito pero si, nevou. 

E conste que gústame a neve. Gústame esquiar de fondo. Nas escolas temos os días sen clases por moita neve. É chulo ver todo ca estampa dun postal de Nadal, pois ao principio polo menos. Mais tarde cánsase un poquiño. Quitar a neve pode ser un coñazo. Esa estampa bonita de neve branquísima non dura moito. Como se botan sal e area para que as estradas non estean resbaladizas, esa neve pura poñese escura e fea e cando os quitaneves pasan para despexar as ruas esa neve fea bótase ao lado e todo acaba coma se alguen derrubase café por todos lados. Así que ao princípio todo ben, pero despois duns meses te cansas xa. 

Outra cousa é a falta de luz solar. Non estamos das latitudes como Alaska nin Escandinavia así que para nós hai día é noite. Nada da “terra de sol a medianoite” cando hai catro horas de luz solar ao dia en enero ou vinte horas de luz ao dia en junio. Iso sería moi duro. Onde vivo temos mais ou menos nove horas de luz solar no inverno e case dezaseis horas de luz no verán. En decembro o sol sae as 7:30 é poñese as 16:30. En xuño o sol sae as 4:00 e poñese as 20:00. Tanta escuridade pode levar a que uno sufra do trastorno afectivo estacional. É unha condicion fisiolóxica e mental na cal unha persoa síntese vago e triste. A fototerapia pode axudar. Para realizalo hai que sentarse ao lado dunha caixa de luz, unha especie de lámpada que emite luz parecida á luz solar. 

Outra cousa mais é o frio. Aquí onde vivo pasamos frío no inverno e moito. Dixolles de coña aos meus compañeiros galegos que vivo en Siberia. Non vai tanto frío coma en Siberia nin como en Alaska tampouco. Pero vai un frío de carallo. Abrigámonos ben e acostumémonos ao frio. -27C é frio. 0C non é tanto. Chega ao punto que por pasar tanto tempo con temperaturas baixo cero que se pode sair un rato fora só en camisola cunha temperatura de 0C coma os vascos. Parece un día de desxeo o de primavera. 

As veces durante o inverno sen fin, encerrado polo frio e neve, na escuridade das noites longas, por pereza e aburrimento, a xente comeza sufrir “a febre de cabaña”.  O nome desta condición ven da época colonial americana. A xente emigrou de Europa e pasaron da costa este onde había civilización ao oeste onde había moita terra virxe. Pois naquela terra virxe do oeste pasan invernos moi longos e moi duros con incribles nevadas. A xente vivía nas cabañas como na serie A casiña da pradera. As veces a xente se volvería tola por estar encerrada polo frío e neve tan profunda que non se podería saír fora. Houbo casos de suicidio ou asesinato. Esa tolemia bautizouse “a febre de cabaña”. Hoxe en día o significado cambiou. Se tes febre de cabaña tes o culo inquieto e xa estás farto do inverno. Buscas cousas na casa para facer como limpar, ordenar, pintar ou renovar. É moito menos un desfeito mental que leva ao suicídio que unha mania para o bricolaxe. Tamén é unha época na cal as mulleres atopan cousas nas condicions perfectamente boas na casa que de repente apetecenlles cambiar, ou que cambien os seus homes. Así nace a lista fainocari que pode chegar a ser a lista fainocoño. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario