A paz e a guerra

Cando alguen precisara de algo que tiña eu, claro que lle daria se fose posibel. Podo ser xeneroso. Hai que compartir co próximo. Ata que é algo que lles ensinamos aos cativos na escola. Unha parte da convivencia é compartir. E sobre todo é mais doado compartir cando te atopas con algo de sobra. 

Este veran, como estamos atrapados aqui, decidimos cultivar alghunas plantas nunha horta no xardin de atrás. Non é super grande. Hai unhas seis hortiñas levadas. Nas hortiñas puxemos unhas verduras; unhas leitugas, a escarola, a couve, mais várias espécies de tomates, uns cogombros, dous tipos de pimentos, unhas berenxenas. Vivimos ao largo do veran cada dia collendo algo. Hai mais verduras que nos gustan pero non habia espacio para criar mais, e ademais hai o mercadillo onde os granxeros venden suas hortalizas. Este veran é un dos mais secos en moitos anos. Enton saín cada mañá a regar e coidar as hortiñas. Xa pasei dous meses e medio mimandas e cun bo resultado. Pois disfrutemos de moitas cousas pero agora que estamos en agosto, toca a colleita dos tomates. Hai que ter paciencia cando crias tomates. E che burlan con seus moitos tomates verdes. Tarda meses en ver un tomate vermello. E menuda ilusion ver os primeiros cambiar de color, e tamén é duro resistir a tentacion de coller un tomate que é ben alaranxado pero ainda non vermello. Un dia non hai ningunos e logo estás afogando en tomates. Cos tomates non hai medio. Neste momento hai mais de duas docenas de tomates no peitoril da xanela na cociña. Na horta hai moitos tomates de varios matices de color alaranxado que chegaran a perfeccion dentro dun dia ou dous. Haberá que facer unha conserva de salsa de tomate. Ou igual podemos ofrecerlles uns tomates ao meu pai ou aos veciños. Hai de sobra para compartir. 

Asi que temos unhas plantas de berenxenas. Puxenas mais tarde cas outras plantas e por iso van un pouco atrasadas en canto á produccion. Hay flores e doume moita ilusion ver un dia que habia unha berenxeniña, xusto do tamaño dun ovo de galiña, pero morado/negro. Xa imaxinei a berenxena cortada en lonxas, untadas co aceite de oliva extra virxen, un chisco de sal gordo, aillo en polvo, e orégano, á grella. Cada dia cando saia a regar ia comprobar que tal estaba medrando o berenxeniño. Pois un dia fun á hortiña e atopei algo que me pegou forte. A berenxena, media comida! Mecaguén! Habia mordiscos como se alguen probaraa pero non lla gustou. Tamén habia outras víctimas. Dous tomates agredidos do mesmo modus operandi, medio comidos e deixados con mordiscos. Será un mordedor en serie. Pero quen me faría esa faina? 

Un veciño bébedo buscando petisco nocturno? Non. 

Un cervo? Non pode ser xa que construín a supervalla. 

Un coelliño? Pois hai uno que anda polo noso xardin pero é pequeniño e non poderia alcanzar os tomates. 

Un paxáro? Non. Pois non ten dentes. 

Non tiven que pensar mais dos suspeitos porque o criminal revelouseme enton. Ao considerar o sitio do crimen na horta vin correr enriba da supervalla un esquío. Sabíao. Foi ese maldito rata con cola espesa. Notouse sua maneira de confianza. Engreído. Riuse de mi. 

Isto foi guerra. Xa me vengaría madafaka. 

Pois como xa che dixen, non vexo nada mal compartir o que sobra con quen queira ata coa veciña de visillo, pero trazo a liña na area con compartir cos animais. Pois son moi mal educados e uns chourizos. Pero a pesar do desprezo que teño hacia os animais glutones, gustame coidarlles aos animais. Tiña sempre na escola uns mascotas. Non son de xente que caza. Xamás feriría a propósito aun animal. Sabía que tiña que facer algo para parar as incursions dos esquíos. Hai moitos no xardin este ano e como temos un carballo no xardin de enfrente e un nogueira no xardin de atrás estamos no camiño dos noces polos esquíos. Importame un noz se os esquíos papan landras e noces, pero que paren de pasar polo bar de ensaladas na horta. 

Probei varios xeitos para poñer os freos as incursions dos esquíos. Google dixome que se pode repartir pimento picante en polvo, café molido, ou menta arredor as plantas como disuasorio. Probei o café. Despois de preparar o café da mañá gardei os granos e espolvoreinos nas hortiñas. Non había moito resultado a parte de que a horta chease como unha cafetería á hora do almorzo. Mais víctimas. Polo menos os esquíos desfrutaban dunha dieta vegetariana rica en vitaminas e licopeno. Ainda que debería felicitarlles a dieta saludable e baixo risco de ataque cardíaca, non me daba ningunha risa pensar que os esquíos devorasen a froita do meu labor. Probei un enfoque diferente. Google dixome que tamén se pode disuadir os esquíos por empregar os tácticos de medo. Ao presenciar unha amenaza un esquío debe saír correndo. Pois un espantaesquíos non existe así había que estar de garda. De arma escollín unha pistola de auga. Fun a patrullar e cada vez que vin un enemigo, tireille un chorro de auga. Os esquíos viven nas arbores ao límite da finca así que hai un camiño lonxe para chegar ao carballo no xardin de enfrente. Para chegar alí sen pisar o xardin de atrás os esquíos toman unha especie de autopista de roedores que é a parte superior da valla. Adoitan correr así hai que ter boa puntería. Tras varios intentos por fin logrei pillar o branco mobil. Pero inda o reinado de terror probou ser ineficaz. Case había que admirarlles a tenacidade dos esquíos. Non renunciaron. Cambiei de táctica de novo. Foi hora de medidas drásticas. Fun a ferretería e merqueime unha trampa. Pero unha trampa de captura viva. Quería eliminar os esquíos, non aniquilalos. A trampa é unha marabilla de inxeniería. É unha espécie de gaiola cunha porta que queda aberta ata que a presa entre e pise a bandexiña de cebo. Ao pisar o cebo, unha corda de trampa fai que peche a porta, e Zas esquío atrapado. Google dixome que é moi eficaz cebar unha trampa para esquíos cunha crema de cacahuete ou un troziño de froita cítrica. Enton cebei a trampa. Puxen o alambre. Coloquei a trampa na horta no camiño de destrucción. Agardei. Pois tiven cousas que facer enton fun a facelas e voltei mais tarde a comprobar a trampa. A trampa aberta pero nada de crema de cacahuete. Parece que puxen mal o alambre. Un almorzo gratis para un esquío. Logo voltei a poñer a trampa de novo, esta vez con mais coidado. Pasou unha hora e cando fun a comprobar a trampa, tiveno capturado. O primeiro preso! Hai xente por estes lares que cazan e sí consumen a carne de animais como codornices, faisanes, pavos silvestres, ou ata coellos, esquíos e mapaches. Non é moito común pero pasa. Pois eu son cociñillas e tal pero churrascada de esquío é unha aventura culinaria aonde prefiro non viaxar. Así puxen a trampa e preso no maleteiro e fun para unha zona fora da vila no campo onde hai bosque. Hai que conducir uns dez minutos por unha estrada quieta que pasa por unhas explotacions de ganado e campos de millo. Xusto o sitio pola programa de reubicación de esquíos. Pasei pola estrada ata chegar a un sitio con moitas arbores, incluso unha maceira. Boa ubicación. Moito espazo. Preto ao campo de millo. Seguro que sería un paraíso para esquíos. Parei o coche. Saquei a trampa do maleteiro e puxena no chan. Abrin a trampa e saiu correteando o esquío polas arbores. Volteei ao coche e fun para casa. Saquei a trampa e cebeina de novo. Pois hai unha colonia de esquíos no xardin. Había que eliminalos todos. Dentro de media hora atrapei outro. Enton, outra excursión ao campo. Volteei a casa e cebei a trampa de novo. Dentro de pouco atrapei outro. Así pasei a tarde ca captura e liberación dos esquíos. Ata agora hai cinco presos que andan soltos polo bosque. Espero que non volteen. Son listos esos bichos. Tardaría moito voltear a nosa casa dende alí, a menos que fixesen autoestop. Esta mañá atopei outro víctima na horta. Outro tomate destripado. Toca cebar a trampa outra vez. Segue a guerra. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario