O galego e máis eu

Onde hai vontade hai camiño. E para aprender o galego teño moita vontade. E estou no camiño hacia o punto de defenderme ben pero Santiago ainda queda lonxe. Creo que o interes en aprendelo existía sempre. Cursei filoloxía e literatura española. Levei moitos anos estudando castelan e de todo sobre España. Sempre tiña como meta da vida de aprender galego, euskera, e catalan. Pois por agora quedome co galego. O interes na língua naceu cando atopei unha app, Spain TV, que podo empregar para ver todas as canles de España no mobil. Podo ver canles de todas partes incluso dende Galiza. Probei a canle TVG e vin a Revista e flipeime que podía entendelo. Había palabras distintas pero se entendía do contexto. Acodín cada día para ver Fran Iglesias no noticiero ou outro programa emitido á hora.

O meu fillo maior Noah rematou os estudos universitarios e decidiu embarcar nunha aventura traballando como auxiliar de lingua inglesa. Por sorte Noah acabou na Coruña e levou 3 anos vivindo aló e traballando na EOI da Coru. Chegou a falar un castelan case nativo. Tamén el aprendiu galego pola rúa de seus compañeiros e nas clases de galego na EOI. Durante as vacacions para Nadal, fomos a miña muller, o meu fillo Dan, e máis eu nunha excursion a España e pasamos duas semanas na Galiza de visita con Noah. Foi unha experiencia fenomenal e non quería volver a casa. E foi xusto despois de volver desa viaxe fantástica que comezei a estudar galego en serio. Fomos a moitos sitios, vimos moitas cousas chulas, e xuntámonos cunhas vellas amizades e máis unhas novas. Aledoume tanto poder coñecerlle por fin de cara a cara ao meu amigo José.

Coñecín ao meu amigo José (de alcume Galle e de Viveiro) por unha web para xuntarse compañeiros de conversa, conversationexchange.com. Cando nos coñecimos eu estaba tentando renovar un castelan oxidado e pedínlle a Galle que me axudase co galego. El recomendoume ver Era Visto e Air Galicia, uns programas prefiridos seus, e atopeinos en Youtube. Custoume un pouco ao princípio pero despois dun rato puiden entender mellor. Vin séries como Pratos combinados, Mares Vivas, e Padre Casares. Hai moitas cousas así nas redes. Consumía moito contido en galego por medio das series, leendo Nós diario en liña. Tamén botei a escribir redaccions cada semana. 

Durante o viaxe a Galiza xuntámonos coutro amigo Xosé, quen é un dos primeiros galegos que coñecera. El e outros amigos galegos nosos, Antonio e María, traballaron os tres, como auxiliares de lingua española nuns institutos da miña zona acó no estado de Nova York en 1993-94. Cando volvimos a casa, e dixolle a Xosé que quería estudar galego e precisaba un libro de texto, El recomendiume a web da Celga. Atopei na web uns manuais que podía baixar. Comezei a estudar un curso intensivo, pero da miña conta e por ter traballado durante tantos anos co castelan e outras linguas romances, non custoume tanto aprender as estructuras e máis o léxico en galego.

Non son unha persoa para facer as cousas a medias. Teño como reto da vida de aprender galego, poder falar e escribir ben, e se Deus queira volver de visita a Galiza. O que era un interés pasou a ser unha paxion se non obsesion, que sinto polo galego. Estou moi apaxionado. Paso horas cada día ou vendo TVG en directo por YouTube, ou lendo prensa e artigos nas redes, en Instagram, Twitter, ou Mastodon. Teño moitos amigos galegos e moitos compañeiros de conversa. Falamos cando poidamos atopar ocos que cadren, pero a diferencia das horas acó e aló é sempre un coñazo.

Para poder practicar falando en galego creei unha canle de YouTube onde colgo videoclips que gravo, falando das cousas que me ocurren. Cando comecei a gravar clips imaxinaba que alguén me faría preguntas sobre algo e eu lle contestaría nun clip en galego. Teño xente que se subscribe á canle e ve as miñas cousas pero non me fai preguntas en xeral. Así vou pensando de temas e gravo clips sobre ou que se me ocorre. Ultimamente gravo “monólogos de mañá” durante a viaxe ao choio, ou da tarde durante os meses de escuridade na mañá. Para min é un pracer falar en galego, tanto só como cos compañeiros.

Así que sintome transformado polo galego. Encantame España e o castelán foi o meu primeiro “segundo idioma”, pero atopei algo no galego que aprezo moitísimo, e vou quedarme con el. Hai xente que teme que a lingua galega estea en perigo de extinción. Mentres eu viva, a lingua galega vivirá porque vou seguir falandoa.

3 comentarios sobre “O galego e máis eu”

  1. Hola Andy!
    O artigo está moi ben.
    Melloraches moito na escrita do galego.
    Noraboa o teu esforzo estase a ver recompensado.
    Apertas dende Galiza.

  2. Boa noite compañeiro, acábote de descubrir e quéroche parabenizar por teres decidido afondar no coñecemento da nosa língua. És un exemplo, oxalá tivese eu unha mínima parte da tua afouteza co meu inglés… Mándoche unha forte aperta

    Carlos

Deixa una resposta a Joe Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario