A Chaparrada 

Parece mentira que as condicións atmosféricas nun estado que queda a uns 2500km da vila onde vivo tería tanto efecto no tempo da miña zona, pois é efectivamente certo. Non é común que haxa furacáns nin tormentas tropicais no mes de novembro en Florida pero este ano lles tocou. Pois houbo un furacán que cambiou a ser tormenta tropical, non lembro o nome, seica Anna, pero de verdade debería ser bautizada Coñazo ou Meixaledicia, ou Albertiño. Algo que destaca o impacto pesado e irritante que inflixe. Pois nós no norte recibimos o efecto do aire quente e húmido que viaxa dende o sur e mezcla cos correntes polares norteños, e ese efecto é chuvia, e de abondo. Onte anoite chegou segundo o horario preciso da previsión meteorolóxica un temporal. Aínda non sei cal das 70 palabras en galego que se usa para describir a chuvia sería a máis apta. Unha chaparrada? Pois chovía forte forte e con moito vento con un sonido parecido a churrasco no gril. E durou toda a noite e mais a madrugada ata amanecer. Prepara a arca! Claro houbo un diluvio no xardín e por todas partes. Unha das partes era, por desgracia, o noso soto. É común nos sotos das casas acó nos Estados, sobre todo nas zonas onde o nivel freatico non queda moi profundo, que haxa unha bomba de sumidoiro para botar a auga de sobra. Pois temos unha bomba pero non é moi fiable. Esperteime á una da madrugada escoitando o sonido da chaparrada e collendo inspiración, fun a mexar. Quedeime no cuarto de baño un ratiño a asomar da xanela para ver o estado do xardín e esperaba escoitar o sonido da bomba de sumidoiro. Non a escoitei durante moitos minutos. Pois tiven que baixar a ver o que pasaba. Baixei ao soto e cando puxen a luz, vin o reflexo na capa de auga de 10cm de profundidade que cubría o chan. O interruptor da bomba estaba atacada. Arregleino e quedeime para ver botada a auga e probar o interruptor un par de veces. Satisfeito de estar arreglado todo, subín a tumbarme na cama. Claro por tanta troula non podía volver durmir. Quedei esperto escoitando a chuvia. Sonaba a goteo. Plaf, plaf, plaf. Pensaba que era o sonido dun goteo nos aleiros do tellado. Pero sonaba de máis preto. Levanteime a ver e pisei á alfombra mollada. Houbo goteo no teito do dormitorio! Puxen a luz e vin un corrente fino de auga que travesaba o teito ata a parede e polo chan. Corrin para recoller un cubo e mais unhas toallas. Sospeitaba que pola forza do vento do temporal, unhas tellas desfixeronse expoñendo o teito á chuvia. Habería que chamar a alguén á mañá para poñer un parche e parar o goteo. Limpei coma podía e baixei unha vez máis para revisar a situación no soto. Mentres pasaba pola cociña vin unhas gotas de auga colgando do teito. Limpieinas e por sorte non había máis. Revisei o soto. Todo en orde. Por fin puiden subir á cama. De costume son madrugador. Así non logrei pegar ollo por moito e á hora de sempre levanteime e baixei a preparar o café e ver a emisión en liña do telediario de Telegaita. Aló o verán de San Martiño. Vaia sorte! Acó estamos co furacán de San Gotiño. Pero como decides nunca choveu que non escampara. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario