Se o tocas, mátote

“Se o tocas, mátote.” Quen na vida de cativo nunca dixo algo parecido. Esas ameazas baleiras. Cando o meu irmán maior dicíame iso non significaba que me quitaría a vida, só que me ía dar uns puñetazos tales como eu prefiriría estar morto. Pero nunca temía pola miña vida. 

Onte pasou nun cole no estado de Virxinia que un cativo de 6 anos levou unha arma ao cole e pegoulle un tiro á súa mestra despois de discutir con ela. A mestra acabou no hospital en estado grave. O cativo estará detido polas autoridades ou servizos sociais. A comunidade estará en choque. 

Outro incidente de armas ocurre nos EUA. Non nos sorprende, tristemente, porque pasa cada dous por tres acó. Pero o chocante e que neste incidente trátase dun cativo de 6 anos. Parecen tan inocentes e son tan pequeniños. Como pode ocurrir unha cousa tan fea? Pois inocentes serán pero os cativos son inmaduros, impulsivos, e carecen da capacidade de pensar en abstracto. Todo é branco ou negro e importalles moito a xustiza. O bo merece premio e o malo merece pena. 

Pois aínda non revelaran os detalles pero podo supoñer que se trata dunha situación na que o cativo tiña problemas no cole, a mestra regañoulle sobre algo ou castigoulle, e cabreado por iso, o cativo collou o revólver do seu pai ou súa nai e levouno ao cole para axustar as contas. 

Para que se sabe, é cada vez máis común nos EUA que a xente consigue licenzas para poseer e usar armas ocultas. Tamén hai moita xente aficionada a caza. Así que hai armas e municións de abondo. Pero por moito a xente de armas está responsable coa seguridade desas armas e mais as balas. Será que o revólver que atopou ese cativo non estaba pechado con seguridade.

Pero porque pegarlle un tiro á mestra? Pois non hai xustificación para violencia así, a menos que fose unha situación de abuso ou trauma inflixido pola mestra, pero iso parece improbable. Era mala é cruel? Pegaballe ao neno? Se pensamos na historia colectiva das nosas experiencias nos coles e institutos poderíamos pensar de ao menos un docente na carreira educativa enteira que si era antipatico, cruel, ou sarcástico, que humillaba aos alumnos e de verdade non debía ser educador. E quen nunca agardou que algo mal pasase a ese docente cruel? Pero pegarlle un tiro?

É máis probable que ese cativo de 6 anos non se portaba como se debía, non facía ou que se lle pedía, non se calaba cando se lle pedía, e cando a mestra regañoulle, non lle gustou e tratou coa situación igual que se trata cos malos nos videoxogos, nos films, ou seica imitando ao seu pai. De todos os xeitos é unha traxedia porque vai ter consecuencias na vida da pobre mestra e dese cativo. O efecto persoal para min é un sentido de pesimismo para a sociedade acó. 

Os cativos de 6 anos saben moitas cousas por vivir na época das redes e unha sociedade bastante permisiva. Hai pouca cousa a que aínda non estaran expostos. Pero as veces non poden diferenciar entre a realidade e a fantasía. Xogan videoxogos nos que os personaxes non morren, seno desaperecen. Uns cativos na miña clase xustificaron que Fortnite é bo xogo porque cando tiras a alguén, non hai sangue, non morre, só vai luminoso e desaparece. Falanme de ver cousas en YouTube, de personaxes como HuggyWuggy, un peluche que da apertas pero tamén mata a xente, e para eles parecelles riquiño, común e corrente, nada fora do normal. Comentan sobre os films que ven, de Chucky e Jason e outros máis que eu non coñezo, e o guay que son eses personaxes. Pero aínda queda esperanza de manter algo de inocencia. Creen que Papa Noel é de verdade e pode traspasar o mundo nun trineo máxico durante unha sóa noite repartindo agasallos a todos.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario