Onte ceamos pizza, o que era da suxerencia do meu fillo Noah que está de visita na casa. Pois aledome facer pizza e decidin aproveitar dunhas cousas que regalounos un colega da miña muller que ten unha horta super produtiva. Había uns pementos vermellos e amarelos, longos, de boa pinta, o tipo italiano douce. Pois usei o lume da cociña de gas para asalos negros e logo quiteilles a pel e sementes no fregadero. Cortei os pementos en tiras e deixeinos para preparar outras cousas. Enaugueime as mans e fun ao baño a meixar. De repente, pensei, “pero que carallo?!” por mor dunha sensación inesperada, efectivamente no meu carallo. Sentinme un ardor na pel e o que ardía era o meu pino. Volvín á cociña e laveime as mans, esta vez con xabón. Probei un chisco de pemento e souben nun instante que eses eran os que pican, non os que non. Pois non había posibilidade de usalos na pizza. Metinos nunha bolsa e logo no conxelador. Logo metinme en Google a buscar como quitar o ardor de pementos da pel. Era unha sensación bastante incómoda pero malo será. As suxerencias de Google non me apetecian, pois non quería frotarme cunha pasta de bicarbonato nin tampouco meterme a pirola nun vaso de leite, así tiven que ser un tipo duro, dun xeito, e aguantámo ata que cesase o ardor. A condición de carallo quente durou unha hora e logo todo normal e sen efecto duradeiro. Agora pois aprendín que cos pementos igual que cos serpes, hai que asumir que todos pican.